A resonancia magnética realizada a Lobotka confirmou a lesión diagnosticada polos servizos médicos celestes. O internacional eslovaco sofre unha escordadura de nocello esquerdo e unha forte contusión e, aínda que progresa adecuadamente na súa recuperación, o tempo de baixa dependerá de como evolucione a doenza nos próximos días.
O centrocampista realizou este xoves unha nova sesión de adestramento individual, do mesmo xeito que Mathias Jensen, cunha rotura fibrilar na coxa esquerda. Por outra banda, Emre Mor acudiu á Madroa cun cadro de faringoamigdalite e regresou ao seu domicilio para gardar repouso por prescrición médica.