A resonancia realizada esta tarde polos servizos médicos do RC Celta ao porteiro Rubén Blanco, lesionado no partido de onte ante o Huesca, confirma que o canteirán celeste sofre unha rotura de alto grado do ligamento lateral interno do xeonllo esquerdo. O tempo de baixa estimado polos servizos médicos do club, que precisan que o tratamento non será quirúrxico, é de unhas oito semanas.
O RC Celta quere enviarlle unha mensaxe de ánimo a Rubén e desexarlle unha pronta recuperación.