A hora programada para o inicio da viaxe do RC Celta a Inglaterra, as 18:00 deste martes, atrásase por motivos de loxística. Desta forma, o cadro celeste partirá finalmente de A Madroa ás 17:40 e despegará do aeroporto de Vigo ás 19:00.
Os de Antonio Mohamed afrontan dous esixentes encontros de preparación en terras inglesas ante Southampton (1 de agosto) e Fulham (4 de agosto), ambos conxuntos da Premier League. Os días 3 e 4, o equipo vigués adestrará nas instalacións deportivas do Southampton.
Martes 31 de xullo
09:00 – Adestramento A Madroa
17:40 – Saída A Madroa
19:00 – Saída desde o aeroporto de Vigo
20:00 – Chegada ao aeroporto de Southampton
20:40 – Chegada ao Grand Hotel Harbour (Southampton)
Mércores 1 de agosto
19:45 – Amigable Southampton v RC Celta (St Mary’s Stadium)
Xoves 2 de agosto
10:00 – Adestramento nas instalacións do Southampton
Venres 3 de agosto
10:00 – Adestramento nas instalacións do Southampton
Hora por definir – Traslado ao Crowne Plaza Hotel (Londres)
Sábado 4 de agosto
15:00 – Amigable Fulham v RC Celta (Craven Cottage)
22:00 – Saída desde o aeroporto de Londres-Gatwick
01:10 – Chegada ao aeroporto de Vigo
*As horas indicadas son de acordo aos horarios locais (en Inglaterra, unha hora menos que en España).