Chegou a hora, volve a competición oficial para o RC Celta. Coas pilas cargadas e a máxima das ilusións, os nosos xogadores arrincan LaLiga coa alegría engadida de ter aos afeccionados celestes nas gradas de Abanca Balaídos.
O Atlético de Madrid, vigente campión, será o noso primeiro invitado na tempada 2021/22 a partir das 17:30h. Os xogadores de Eduardo Coudet buscarán sumar os 3 primeiros puntos do curso para arrincar da mellor xeito posible.
Logo dun final de tempada 2020/21 espectacular e unha pretempada na que o equipo mostrou gran fiabilidade, deixando a portería a cero en todos os partidos, empeza un ano no que buscaremos dar o maior número de alegrías á nosa afección.