O novo técnico será presentado mañá en Balaídos despois do adestramento do primeiro equipo
O Real Club Celta pechou a contratación de Abel Resino como adestrador do primeiro equipo. O técnico manchego substitúe no banco celeste a Paco Herrera, a quen o club quere transmitir o seu agradecemento polo seu gran labor nas últimas tempadas e o inesquecible ascenso de categoría logrado a pasada campaña.
Abel Resino (Toledo, 1960) debuta como adestrador na tempada 2005/2006, dirixindo ao Ciudad de Murcia da Segunda División española. Con aquel equipo roza o ascenso até a última xornada, finalizando a campaña como cuarto clasificado.
Mediada a tempada 2006/2007 o técnico toledano ficha polo Levante UD e debuta en Primeira División, coa misión de alcanzar a permanencia dos granotas. A falta de dúas xornadas para o final da liga consegue este obxectivo.
Tras un breve paso polo CD Castelló, Abel Resino faise cargo do Atlético de Madrid en febreiro de 2009, club no que desenvolvera a maior parte da súa carreira como porteiro (1986-1995). O equipo do Manzanares finalizou a tempada clasificado para a Liga de Campións.
Na tempada 2010/2011 Resino toma as rendas do Valladolid. Cos valisoletanos alcanza os play-offs de ascenso. A finais de xaneiro de 2012 é contratado pola Granada, conseguindo salvar aos nazaríes do descenso.
O club confía en que coa unidade de todo o celtismo e a experiencia e bo facer de Abel Resino no banco alcáncese o obxectivo marcado para a presente tempada.
Reitera o seu máis sincero agradecemento a Paco Hererra polo seu gran labor no a entidade nas últimas campañas, nas que cultivou a canteira celeste cun gran traballo e logrado darlle unha personalidade propia e unha gran estabildiad ao equipo. Tras rozar o ascenso na súa primeira campaña, Paco Herrera logrou este éxito a pasada tempada, con moitos xogadores da canteira e un gran fútbol. O Real Club Celta deséxalle a Herrera un gran èxito nas andainas deportivas que emprenda na súa nova etapa.