
O Celta e o Levante UD alcanzaron un acordo para a cesión con opción de compra de Manu Sánchez durante a tempada 2026/27. O lateral madrileño volverá ao conxunto granota onde xa xogou a pasada campaña deixando moi boas sensacións.
Desde a súa chegada ao Celta no verán de 2023, Manu disputou un total de 28 partidos oficiais coa camiseta celeste antes de continuar o seu crecemento deportivo con senllas cesións ao Deportivo Alavés e ao Levante UD onde demostrou unha gran progresión.
O Celta quere agradecerlle o seu compromiso e desexarlle o maior dos éxitos nesta nova aventura deportiva.
Sorte, Manu!