Joseph Aidoo reincorporouse esta mañá aos adestramentos do RC Celta tras unha longa ausencia. Despois de varios meses de baixa debido a unha rotura do tendón de Aquiles esquerdo, lesión que sufriu nun dos seus partidos como internacional, o defensa celeste volve ao equipo con grandes sensacións.
Co obxectivo de preparar a próxima tempada 24/25, Aidoo regresa xunto aos seus compañeiros para achegar todo o seu potencial, calidade, forza, contundencia, fiabilidade e solidez á zaga celeste.
Bienvenido de novo, Aidoo!