Álex Andújar converteuse este mércores no novo preparador físico do primeiro equipo. Cunha ampla traxectoria acumulada nos últimos anos, o novo membro do corpo técnico chega ao primeiro equipo tras dous anos e medio de traballo na canteira celeste. Andújar, responsable do departamento de metodoloxía do club, asinou o seu novo contrato até final da presente tempada.
Desta maneira, o corpo técnico do RC Celta está finalmente formado por Óscar García (adestrador), Roger García (segundo adestrador), Rubén Martínez (analista), Carlos Hugo (asistente), Borja Oubiña (asistente), Nando Villa (adestrador de porteiros) e Álex Andújar (preparador físico).