O centrocampista segue os pasos doutros canteiráns como Iago Aspas, Oubiña, Túñez ou Hugo Mallo
O Real Club Celta pechou hoxe unha nova renovación, a do centrocampista Álex López, quen será celeste até o ano 2018. O futbolista únese así a outros canteiráns do primeiro equipo que ampliaron recentemente a súa vinculación co club como Iago Aspas, Borja Oubiña, Hugo Mallo ou Andrés Túñez. Unha aposta pola canteira que quedou patente tamén nas últimas datas coa continuidade de xogadores como Jonny, Rubén Blanco, Santi Mina, David Costas, Fernán e Jordan.
Álex López asinou hoxe un contrato que lle une ao Real Club Celta durante o próximas cinco tempadas e que o canteirán recibiu cunha gran satisfacción. Imaxes e declaracións en Celta TV: http://celtatv.interoud.tv/