ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Alfon González xogará cedido esta tempada no Real Racing Club

RC Celta

RC Celta e Real Racing Club alcanzaron un acordo para a cesión ao cadro santanderino do atacante Alfon González (Albacete, 04/05/1999), quen disputará a campaña 2022/2023 en LaLiga Smartbank.

Alfon, que chegou á disciplina celeste no verán de 2020, foi unha das pezas claves do Celta B nas dúas últimas tempadas, anotando doce goles en 52 partidos oficiais. Ademais, o extremo albaceteño debutou co primero equipo do RC Celta no curso 2020/2021, xogando dous encontros ligueiros e un de Copa.

O club quere desexarlle a Alfon moita sorte e éxito durante esta tempada de cesión no Real Racing Club.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas