16-9 (2)
Primeiro Equipo

Álvaro Núñez asina polo Celta ata 2030

RC Celta

O Celta e o Elche CF alcanzaron un acordo para o traspaso de Álvaro Núñez, que se converte na terceira fichaxe do conxunto celeste neste mercado de inverno. O futbolista bilbaíno, pendente da revisión médica, asina contrato ata xuño de 2030.

Formado nas categorías inferiores do Athletic Club, continuou co seu desenvolvemento na canteira do FC Barcelona e debutou en Segunda División co SD Amorebieta. O seu bo rendemento levouno ás filas do Elche CF onde tivo un papel destacado no seu ascenso a Primeira División. Na presente tempada, debutou en Laliga co conxunto ilicitano onde disputou un total de 19 partidos nos que achegou 2 asistencias.

Álvaro Núñez é un defensa de perfil ofensivo, ao que lle gusta asumir protagonismo no carril, participar no xogo combinativo e chegar con criterio á liña de fondo. Destaca pola súa intensidade, tanto en tarefas defensivas como ofensivas, polo que achega dinamismo, traballo físico e precisión nos centros, ademais de capacidade para buscar o disparo desde posicións avanzadas. Trátase dun futbolista con fame competitiva e marxe de crecemento que encaixa plenamente na idea deportiva do club.

O Celta dá a benvida a Álvaro Núñez e deséxalle o maior dos éxitos nesta nova etapa deportiva defendendo o escudo celeste.

Benvido, Álvaro!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas