O catalán será presentado esta tarde ás 18.30 horas en Balaídos
O Real Club Celta pechou a súa primeira contratación para a tempada 2013/2014, a do xogador catalán, centrocampista e central, Andreu Fontás (Girona, 14 de novembro de 1989). O polivalente futbolista, que se formou nas categorías inferiores do Fútbol Club Barcelona, con cuxo primeiro equipo debutou no ano 2009, asinou polo conxunto celeste as tres próximas tempadas. Andreu Fontás será presentado ante os medios de comunicación esta tarde ás 18.30 horas na sala de prensa do Estadio de Balaídos.
Andreu Fontás fichó polo Xuvenil do FC Barcelona no ano 2007 e foi o capitán dun equipo que esa tempada proclamouse subcampeón da Copa do Rei.
Subiu ao filial blaugrana na tempada 2008-2009 e nesa mesma campaña debutou co primeiro equipo. Este esperado momento produciuse en setembro de 2008 nas semifinais da Copa Cataluña.
Fontás debutou en Primeira División en agosto de 2009 nun partido ante o Sporting de Xixón no Camp Nou. Un ano despois, no mes de decembro, anotou o seu primeiro gol en Champions League ante o FC Rubin Kazan. O centrocampista ingresou no primeiro plantel do Barcelona na campaña 2011-2012. A pasada tempada xogou cedido no Mallorca.
Fontás pasou hoxe mesmo recoñecemento médico no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima e posteriormente asinou o contrato que lle vincula co club celeste as tres próximas tempadas.