Antonio Mohamed e o seu corpo técnico non seguirán no RC Celta unha vez acordada a súa desvinculación da entidade céltica. O Real Club Celta desexa transmitir o seu máis sincero agradecemento, tanto ao adestrador arxentino como aos seus axudantes Gustavo Lema, Gustavo Lema, Julián Tartaglia, Carlos Massa, Claudio Kenny e Julio Hezze; pòla dedicación, a profesionalidade e o esforzo que demostraron durante a súa etapa no RC Celta.
O club celeste desexa a todos eles o maior dos éxitos no futuro, tanto no profesional como no persoal.