Primeiro Equipo

Ao Celta escápaselle o partido ante o Atlético nun suspiro

RC Celta

CEL_ATM_1314.jpg

Tras dominar na 1ª metade, na 2ª o cadro celeste encaxou dous goles en dous minutos. Dura derrota

 

O Celta foi superior ao Atlético na primeira metade, pero non logrou rédito e na segunda pagou un erro defensivo e encaixou no minuto seguinte o segundo tanto. Aos célticos fóiselles o partido nun amén, un encontro intenso e disputado cun marcador enganoso.

 

O Celta saíu decidido desde o primeiro instante a marcar o ritmo do partido. No arranque, Nolito e Oubiña crearon perigo en dúas boas accións ofensivas. Os vigueses movían o balón con velocidade e defendían con solvencia, impedindo que o rival gozase dun mínimo de posesión.

 

Os locais trataron de romper o duro armazón defensivo do Atlético con paciencia e moita mobilidade. Había poucos espazos e o perigo da contra branquivermella, que os de Simeone non lograban executar. Aos 20 minutos, Álex López lanzou desde a frontal desviado tras outra boa combinación dos célticos.

 

O conxunto rival si chegou con perigo aos 24 minutos tras nunha contra, pero Yoel e Hugo Mallo lograron desbaratar o perigo. O partido estaba un tanto máis igualado, cunha gran intensidade, sen respiro. Aos 37 minutos, Kronk-Dehli probou de lonxe, pero o seu disparo saíu á esquerda de Courtois, quen pouco despois sacou un remate de socato de Charles.

 

O Celta volveu apertar nos minutos finais tras unha primeira metade de dominio local, moi vistosa e intensa.

 

Tras a continuación, mellorou o Atlético, que logrou alargar as súas posesións e maniatar ao Celta, que pelexaba por recuperar o dominio e xerar perigo. Marcou o Atlético nun erro defensivo, o único. Un mal pase atrás que cazou Vila para bater a Yoel. Non houbo tempo nin para reaccionar. Volveu cazar un minuto despois un balón na área e anotou o segundo. Ao conxunto vigués escapáraselle o partido en apenas dous minutos.

 

Os celestes trataron de superar o duro golpe, pero xa ante un rival moi cómodo no seu campo, ordenado. Tarefa imposible.

 

FICHA TÉCNICA

 

0-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Oubiña, Álex López, Krohn-Dehli (Levy, min.73), Orellana (Augusto, min.59), Nolito e Charles (Santi Mina, min.67)

 

2-Atlético de Madrid: Courtois, Juanfran, Miranda, alderweireld, Filipe Luis, Gabi, Mario Suárez, Koke (Sosa, min.60), Diego Cristian Rodríguez, min.73), Raúl García e Villa (Adrián, min.84)

 

Goles: 0-1, min.62: Villa; 0-2, min.63: Villa

 

Árbitro: Matheu Lahoz, do comité valencián. Amonestou a  Charles, Gabi, Mario Suárez, Miranda

 

Campo: Estadio de Balaídos, 24.529 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse nun minuto de silencio na memoria de Antonio Hidalgo, xogador do Celta entre as tempadas 1968-1976, recentemente falecido

 

Foto: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas