Iago Aspas e Maxi Gómez despediron a tempada marcando senllos dobretes na vitoria 4-2 ante o Levante, uns goles cos que han pulverizado algúns das marcas históricas do RC Celta.
Con 22 goles anotados na 2017/18, Iago Aspas convértese no máximo goleador do club vigués nunha tempada de Primeira División igualado co mítico Mauro. Ademais, o de Moaña forma xunto a Maxi Gómez a parella máis letal nunha tempada na historia do RC Celta con 39 goles en 38 xornadas de Liga, empatados coa formada por Hermidita e Atienza na campaña 1951/52.
O uruguaio tamén pode presumir de marcas individuais. Con 17 goles, Maxi é o xogador do RC Celta que máis goles marcou na súa tempada de debut, superando a nomes como Catanha, Amarildo, Nolito ou Penev. Tamén entra no podio de goleadores debutantes en Primeira División, tan só por detrás de Cristiano Ronaldo (26) e Falcao (24). O charrúa foi ademais o autor do gol mil da tempada en LaLiga.