trofeos-marca-2017-aspas-zarra.jpg
Primeiro Equipo

Aspas recibe o Trofeo Zarra ao máximo goleador nacional: “O próximo reto, o Pichichi”

RC Celta

Iago Aspas recibiu este luns en Barcelona o Trofeo Zarra ao máximo goleador español da tempada 2016/17 de Primeira División. O de Moaña anotou 19 goles no pasado campionato ligueiro, un rexistro espectacular cuxo mérito estendeu ao resto do vestiario celeste: “Quero dar as grazas aos meus compañeiros. É un premio á nosa gran tempada do ano pasado”, declarou o futbolista galego ao recoller o galardón.

O resto de premiados foron:

Jan Oblak, porteiro do Atlético, como Zamora;

Leo Messi, dianteiro do FC Barcelona, recolleu o trofeo Pichichi ao máximo goleador de Primeira División e o trofeo Di Stéfano ao MVP da tempada.

Mendilibar e Garitano, de Eibar e Leganés, como mellores adestradores no Premio Miguel Muñoz.

Martínez Munuera, o mellor árbitro, levou o Guruceta.

Andrés Iniesta como MVP da selección.

O Atlético Nacional foi merecedor do trofeo Jarque/Puerta por ceder o título da Copa Suramericana ao Chapecoense tras a traxedia aérea.

En Segunda:

Joselu Moreno, ex do Lugo e hoxe no Granada, foi o Pichichi e o Zarra.

O Zamora foi para o porteiro do Levante, Raúl Fernández.

O Miguel Muñoz recaeu en mans do adestrador do Levante, Juan Ramón López-Muñiz.

O Guruceta de Segunda foi para Cordeiro Veiga.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas