A ecografía realizada esta tarde polos servizos médicos do RC Celta ao dianteiro Iago Aspas revela a existencia dunha rotura fibrilar de grao I na porción longa do bíceps femoral dereito do futbolista. O canteirán celeste permanecerá de baixa ao redor de tres semanas. Iago lesionouse no tramo final do partido do pasado martes fronte ao FC Barcelona.