A resonancia realizada esta mañá a Augusto Fernández confirma unha rotura tendinosa no 2º dedo da súa man dereita. O xogador será intervido cirurxicamente a principios da próxima semana polo Dr. Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do club, no Hospital Vithas Fátima.
O centrocampista poderá xogar sen limitacións este sábado ante o Eibar en Ipurúa, pero a operación require un período de baixa posterior que non lle permitirá participar no encontro de Liga ante o Getafe en Balaídos do próximo venres 2 de outubro.