Primeiro Equipo

Augusto sofre unha lesión muscular no amigable entre Alemaña e Arxentina

RC Celta

augusto-1415.jpg

Os servizos médicos da súa selección informaron ao club que presenta  unha rotura fibrilar no aductor

 

Chegan malas noticias para o Real Club Celta desde Düsseldorf, onde un amigable reeditou onte a final do Mundial 2014 entre Alemaña e Arxentina. O centrocampista celeste Augusto Fernández sufriu unha lesión muscular, segundo informaron os servizos médicos da Selección Arxentina aos integrantes do corpo médico do club vigués. Augusto disputou a segunda metade completa, pero, segundo os galenos arxentinos, concluíu o choque ante Alemaña cunha rotura fibrilar no aductor esquerdo.

 

O alcance exacto da lesión do xogador e o tempo estimado de baixa serán fixados unha vez os servizos médicos do Real Club Celta examinen ao futbolista, que regresará a Vigo nas próximas horas, e reciban os informes médicos realizados polos galenos do combinado nacional ao arxentino.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas