Primeiro Equipo

Augusto sofre unha lesión muscular no xemelgo interno da súa perna dereita

RC Celta

De confirmarse unha rotura estaría de baixa non menos de 6 semanas

 

O centrocampista celeste Augusto sufriu no partido de hoxe unha lesión muscular no xemelgo interno da súa perna dereita, inicialmente compatible cunha rotura fibrilar. Os servizos médicos celestes realizaranlle ao xogador unha ecografía no prazo de 48 horas para determinar o alcance da lesión, que en caso de confirmarse requiriría un tempo de baixa non inferior a seis semanas.

Por outra banda, o central Andreu Fontás sufriu unha ferida na súa cella dereita que requiriu cinco puntos de sutura.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas