ESCUDO-1300x400-01
Novas primeiro equipo

Augusto Solari, de 6 a 8 semanas de baixa por unha lesión no seu nocello dereito

RC Celta

O centrocampista celeste Augusto Solari sufriu no adestramento desta tarde unha lesión no nocello dereito por mor dun movemento forzado nun dos exercicios. Tras a realización de probas de imaxes, incluídas unha Resonancia Magnética, os servizos médicos do club diagnosticáronlle ao futbolista céltico a rotura da cápsula anterior do nocello, unha lesión á que en principio aplicarase tratamento conservador.

O tempo de baixa estimado para Solari é de seis a oito semanas. O RC Celta quere enviarlle unha mensaxe de ánimo e apoio e desexarlle unha pronta e completa recuperación.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo

Noticias recomendadas