Primeiro Equipo

Augusto supera o primeiro corte da Arxentina para o Mundial

RC Celta

augusto-cel-get-1314.jpg

O futbolista celeste, que continúa recuperándose da súa leión, foi incluído na lista de 23 para Brasil

 

Augusto Fernández mantén as súas opcións de participar na próxima cita mundialista de Brasil. O centrocampista céltico superou o primeiro corte do seleccionador nacional Alejandro Sabella e forma parte dos 26 internacionais arxentinos que aspiran a estar na convocatoria definitiva para o Mundial.

 

O futbolista celeste, en Arxentina desde a semana pasada, continúa traballando na recuperación da súa lesión, unha escordadura distal de grao II no ligamento lateral interno do xeonllo dereito producido o 11 de maio durante o partido de Liga ante o Real Madrid.

 

Krohn-Dehli

O xogador céltico Michael Krohn-Dehli, concentrado coa selección de Dinamarca, participará en dous amigables internacionais nos próximos días. Os daneses mídense este xoves 22 de maio a Hungría, na localidade húngara de Debrecen, e reciben ao combinado nacional de Suecia en Copenhague o vindeiro mércores 28 de maio.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas