Primeiro Equipo

Augusto viaxa a Arxentina para iniciar a súa recuperación

RC Celta

augusto-capitan-1314.jpg

Os médicos do club e da selección estudian as posibilidades que tén de cara ao Mundial de Brasil

 

O centrocampista celeste Augusto Fernández viaxou no día de hoxe a Arxentina para iniciar canto antes o tratamento de recuperación da súa lesión, unha escordadura distal de grao II no ligamento lateral interno do xeonllo dereito producido no partido ante o Real Madrid.

 

Os servizos médicos do Real Club Celta mantiveron nos últimos días un contacto continuo cos facultativos da Selección Arxentina. Unha vez concluída a competición ligueira para o xogador arxentino, os médicos determinaron que Augusto viaxe ao seu país natal para comezar o proceso de recuperación e estudar as posibilidades que ten de chegar ao Mundial de Brasil 2014, que comeza no mes de xuño.

 

O seleccionador nacional de Arxentina, Alejandro Sabella, dará a coñecer a lista provisional de 30 xogadores para o campionato mundial nas próximas horas.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas