20193110-Beavue-horizontal-clinica.png
Primeiro Equipo

Beauvue e Álvaro Fernández, operados de maneira satisfactoria polo doutor García Cota

RC Celta

O dianteiro do RC Celta Claudio Beauvue e o porteiro do filial Álvaro Fernández foron operados este mércores de maneira satisfactoria polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, no Hospital Fremap de Vigo.

O doutor celeste realizoulle ao ariete unha artroscopia pola rotura de menisco externo, que concluíu sen complicacións. Beauvue, quen xa pasou a noite no seu domicilio, permanecerá de baixa ao redor de oito semanas.

O gardameta foi intervido da rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco externo e o seu período de inactividade será de sete ou oito meses.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas