Primeiro Equipo

Beauvue empeza a adestrar có grupo e Orellana recibe a alta médica

RC Celta

beauvue-orellana.jpg

O parte médico do primeiro equipo trouxo dúas excelentes noticias para Eduardo Berizzo. Fabián Orellana superou a lesión muscular na coxa dereita e, tras exercitarse con normalidade recibiu a alta médica. O internacional chileno podería reaparecer leste mesmo xoves no partido de Copa do Rei ante a Valencia en Balaídos.

 

A segunda gran novidade chegou da man de Claudio Beauvue. O atacante, aínda que con limitacións, volveu adestrar co grupo case nove meses despois de romper o tendón de Aquiles. O francés sufriu esta grave lesión o 16 de abril durante o partido de Liga ante o Málaga e ao día seguinte foi intervido cirurxicamente. Sen dúbida unha estupenda noticia para un xogador que non perdeu a actitude e o seu característico sorriso durante este longo tempo de baixa.

 

A nota negativa protagonizouna Radoja, quen realizou adestramento individual por unha contusión ósea na rótula dereita. Por outra banda, Carles Planas avanza na súa recuperación e podería recibir a alta médica nos próximos días.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas