Primeiro Equipo

Berizzo: “Estou desexando comandar un equipo que me deu moito e ao que lle debo moito”

RC Celta

presentacionberizzo01.jpg

O novo adestrador do RC Celta foi presentado esta tarde no estadio de Balaídos

 

VÍDEO EN CELTATV

Eduardo Berizzo foi presentado esta tarde en Balaídos como o novo adestrador do RC Celta. O técnico arxentino estivo acompañado polo presidente do club, Carlos Mouriño, e o director deportivo, Miguel Torrecilla. O máximo mandatario celeste asegurou que coa contratación de Berizzo dáse “continuidade ao noso proxecto”, mentres que Torrecilla destacou do ‘Toto’ que “os seus equipos sempre tiveron carácter e gústalle utilizar xogadores mozos”.

 

Berizzo mostrouse “moi contento” e declarou que está “a desexar axudar e comandar un equipo que me deu moito e ao que lle debo moito”. O arxentino falou da súa preferencia “polo fútbol ofensivo” e por contar cos canteiráns: “gústame incorporar xogadores mozos aos adestramentos diarios”. O xa adestrador do RC Celta tamén tivo palabras referidas á afección céltica: “unha das claves nun equipo é a conexión coa xente. Nas rúas de Vigo vexo unha afección ilusionada e identificada co equipo. Unha afección renovada”.

 

presenberizzo03.jpg

 

Tras a rolda de prensa, Berizzo realizou a tradicional sesión de fotos sobre o césped de Balaídos e durante varios minutos atendeu ás decenas de celtistas que acudiron ao estadio para darlle a benvida.

 

presentacionberizzo02.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas