Primeiro Equipo

Bongonda e o canteirán Samu debutan có primeiro equipo

RC Celta

samu-athcel-1415.jpg

O defensor do filial foi titular e o belga entrou na segunda parte do encontro copeiro ante o Athletic

 

O partido deste mércores ante o Athletic contou con dous ilusionantes debuts no equipo vigués. Bongonda, última fichaxe do RC Celta, e o canteirán Samu, tiveron a oportunidade de estrearse co primeiro persoal en partido oficial. O encontro quedará gravado na memoria destes dous prometedores futbolistas, que tiveron a fortuna de debutar nun estadio histórico como San Mamés.

 

Samu Araujo (Vigo, 1995), que xa formara parte dunha convocatoria do primeiro equipo en Liga, partiu como titular no encontro copeiro ante o Athletic. O xogador do Celta B ocupou o lateral zurdo da defensa viguesa e ofreceu moi boas sensacións, indo de menos a máis.

 

Pola súa banda o atacante zurdo Théo Bongonda (Bélxica, 1995), que chegou esta mesma semana a Vigo procedente do SV Zulte-Waregem, entrou no terreo de xogo no minuto 51 en substitución de Álex López. O internacional Sub-21 deixou detalles moi interesantes, a pesar de levar moi pouco tempo na disciplina céltica. O belga está chamado a ser un xogador de futuro para o RC Celta.

 

A pesar de que non contou con minutos, o xogador do Celta Xuvenil A Pape Cheikh entrou na convocatoria de Eduardo Berizzo e presenciou o partido desde o banco xunto ao tamén canteirán Borja Fernández. A presenza dos canteiráns celestes no primeiro equipo continúa tendo un peso moi importante, froito do esforzo e traballo do RC Celta e a súa Fundación.

 

A mocidade dunha nova xeración de canteiráns, sumada a reforzos de gran proxección como Bongonda, é indicativo do potencial e futuro co que conta o primeiro equipo céltico.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas