Primeiro Equipo

Bongonda: “É unha gran honra vir ao Celta”

RC Celta

bongonda1.jpg

O novo extremo zurdo celeste foi presentado hoxe no Estadio de Balaídos

 

Balaídos acolleu hoxe a presentación de Théo Bongonda (Bélxica, 1995), novo atacante celeste que asina polo club vigués até xuño de 2019. Bongonda, internacional Sub-21 coa selección belga, recibiu a benvida da conselleira Carmen Avendaño en representación do Consello de Administración céltico, mentres que o director deportivo Miguel Torrecilla facilitou detalles sobre as características e expectativas deste prometedor futbolista.

 

“A contratación de Bongonda débese a buscar a un xogador específico de banda esquerda. Está capacitado para desbordar, con moita velocidade. Ten un gran futuro por diante e pode dotar ao equipo dunha maior fortaleza ofensiva. A súa marxe de mellora é enorme”, explicou Torrecilla.

 


“Despois da chuvia vén o bo tempo. Imos remontar esta situación”


 

“É unha gran honra vir ao Celta”, declarou Bongonda. O mozo dianteiro, que asistiu ao encontro do Celta ante a Valencia, destacou que “ao equipo gústalle xogar co balón. Creo que hai cousas moi boas que podo achegar”. Bongonda tamén quixo agradecer ao vestiario a maneira en que lle acolleron: “Son moi bos xogadores e teño moito que aprender deles”.

 

“Despois da chuvia vén o bo tempo”, declarou o xa xogador céltico preguntado polo refacho de resultados do Celta nas últimas xornadas: “No club do que veño tamén estabamos a pasar un mal momento. Imos remontar esta situación”.

 

Théo Bongonda, que levará o dorsal 18, forma parte da expedición do primeiro equipo para os partidos ante Athletic Club (Copa do Rei) e Espanyol (Liga), polo que podería debutar có Celta esta mesma semana.

 

bongonda2.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas