Borja Iglesias ofreceu este xoves a súa primeira rolda de prensa tras asinar co Celta ata o 2028. No salón regio de A Sede, o atacante galego mostrouse contento por regresar ao club da súa vida, “afronto esta nova etapa con orgullo e responsabilidade“.
Acompañado polo director de Fútbol do Celta, Marco Garcés; e polo conselleiro celeste, José Manuel Amoedo; Borja fixo un pequeno repaso de como están a ser as súas sensacións neste arranque de tempada e a ilusión do plantel ante o inicio da súa andaina na Europa League en tan só unhas semanas.
Por último, “o Panda” tivo palabras de agradecemento e agarimo para toda a afección celeste que desde un primeiro momento fixéronlle sentir en familia, “a comuñón entre as bancadas e o equipo é marabillosa“.
Non te perdas as súas declaracións completas!