16-9-12
Novas primeiro equipo

Borja Iglesias, convocado para o Mundial

RC Celta

O Celta estará representado este verán na gran cita do fútbol mundial. Borja Iglesias foi convocado pola Selección Española para disputar o Mundial 2026, que se celebrará en Estados Unidos, Canadá e México. O seleccionador nacional, Luis de la Fuente, incluíu ao dianteiro celeste na lista definitiva de 26 futbolistas que defenderán a camiseta de España no torneo.

O atacante compostelán culmina así unha tempada sobresaliente, sendo unha peza fundamental no esquema de Claudio Giráldez e un dos nomes propios do curso. A súa regularidade, compromiso e rendemento fixeron que Borja se convertese nun habitual nas convocatorias da absoluta durante os últimos meses.

Esta será, ademais, a primeira participación mundialista de Borja Iglesias, un recoñecemento ao gran traballo realizado tanto no Celta como coa selección nacional.

Parabéns, Borja, e moita sorte no Mundial!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas