FICHAJE_BORJA_16-9
Primeiro Equipo

Borja Iglesias regresa a casa cheo de ilusión e cargado de goles

RC Celta

Borja Iglesias regresa a casa. O Panda volve ao RC Celta, cedido polo Real Betis para reforzar a dianteira celeste. Regresa, a falta das probas médicas habituais, avalado por unha espléndida traxectoria cargada de cifras moi significativas. Foise de Vigo como o máximo goleador histórico do filial céltico, co que anotou 76 tantos e onde forxou o emblemático ‘Panda Team’.

Creceu en Segunda División con 23 goles nunha tempada e consolidouse en Primeira con 56 tantos, máis outros 20 en diferentes competicións oficiais. O seu gran rendemento permitiulle ademais adquirir a condición de internacional absoluto coa Selección Española. Por outra banda, Borja chega como vixente campión da liga alemá, título que logrou a pasada campaña co Bayern Leverkusen.

O ariete santiagués volve sete anos despois ao RC Celta para sumarse a un equipo que prepara con intensidade, nunha pretemporada chea de amigables de máximo nivel, un inicio ligueiro con dous partidos consecutivos no estadio de Abanca Balaídos. Un arranque de LALIGA EA SPORTS 24/25 na que Borja Iglesias volverá vestirse de celeste.

Benvido, Borja!

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas