borja
Novas primeiro equipo

Borja Iglesias: “Sentínme moi arroupado por todo o equipo durante o Mundial”

RC Celta

Borja Iglesias xa está de volta. Despois de vivir unha das experiencias máis especiais da súa carreira coa Selección Española, o dianteiro celeste regresa a Vigo despois de converterse no primeiro futbolista galego campión do mundo e o primeiro xogador do Celta en activo en conquistar o Mundial. Un logro que aínda intenta asimilar.

Asimilándoo aínda porque o tempo pasa moi rápido”, explica Borja, que estes días volveu a conectar con aquelas primeiras emocións que o levaron a namorarse do fútbol. “É incrible, hai un retorno á infancia e ás primeiras emocións que vives respecto ao fútbol”.

De volta en casa, o Panda non se esquece de quenes o acompañan e dun vestiario ao que sente parte deste éxito, “o equipo tamén ten importancia e un pedazo deste campionato é deles porque sen eles eu non estaría a vivir isto”.

Agora toca volver vestirse de celeste e mirar cara a unha campaña especialmente emotiva. Será a última de Iago Aspas, unha tempada para desfrutar de cada momento e seguir facendo historia xuntos, “será moi motivante e obviamente todos queremos gozar de Iago”.

Borja volve a casa cunha estrela, co seu sorriso de sempre e co orgullo de todos cara a un dous nosos.

Parabéns, campión!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas