16-9
Novas primeiro equipo

Agora si: Borja Iglesias volve a casa

RC Celta

Borja Iglesias regresa ao lugar onde deu os seus primeiros pasos como profesional, onde fixo historia no filial e onde, a pasada tempada, foi unha peza clave no regreso a Europa. O dianteiro santiagués asina polo Celta por dous anos máis un opcional, pechando o círculo e abrindo unha nova etapa co escudo que nunca deixou de sentir como seu.

Durante a súa cesión o curso pasado, Borja demostrou o que significa compromiso, a través de 11 goles, unha entrega incansable e un liderado dentro e fóra do campo que o levou a gañarse o respecto do vestiario e o cariño da afección. Agora, a súa volta en propiedade simboliza máis ca unha fichaxe, representa o valor de crer e sentir estas cores.

O Celta celebra a volta dun dos nosos, un xogador que coñece a casa, o escudo e o camiño. Xuntos, afrontamos este novo capítulo con ambición e coa ilusión de seguir medrando da man.

Benvido de novo á túa casa, Borja!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas