
Borja Iglesias foi distinguido co XV Premio Manuel de Castro «Hándicap» by Estrella Galicia 2025, un recoñecemento que o converte no mellor xogador do Celta do ano tras unha tempada inesquecible. Nos prolegómenos do partido ante Osasuna en Abanca Balaídos, o dianteiro celeste recibiu este galardón que, mediante a tradicional votación conxunta entre os xogadores, prensa e afección, sitúano por diante de Iago Aspas e Andrei Radu, finalistas nesta edición.
O premio pon en valor un ano moi especial para Borja Iglesias, marcado polo seu regreso á que sempre foi a súa casa e por un rendemento sobresaliente sobre o terreo de xogo. Na súa volta a Abanca Balaídos, o atacante celeste converteuse nunha das grandes referencias ofensivas do equipo, asinando 16 goles e 5 asistencias en 44 partidos, repartidos entre Laliga, Europa League e a Copa do Rey.
O seu compromiso, liderado e dedicación levárono a converterse nun dos capitáns do conxunto celeste, sendo un exemplo tanto dentro como fora do campo, e reforzando o seu estreito vínculo co celtismo.
Parabéns, Borja!