Primeiro Equipo

Borja Oubiña traballa en su recuperación coa tecnoloxía punteira de Clínica Arthros

RC Celta

borja-antigravedad.jpg

O xogador celeste iniciou tratamento nun sistema terapéutico deseñado pola NASA

 

Este venres cúmprense catro meses da intervención cirúrxica a Borja Oubiña, unha artroscopia no xeonllo esquerdo realizada o pasado agosto. Desde entón o centrocampista vigués traballa diariamente na súa recuperación.

 

Aos coidados do equipo médico e de fisioterapia do RC Celta e ao tremendo esforzo e disciplina do xogador únese agora un dos sistemas terapéuticos máis sofisticados na recuperación de lesións do aparello locomotor, o Tapiz Rodante Anti-Gravidade Alter-G.

 

A Clínica Arthros, do Dr. Otero Vich, conta con esta excepcional tecnoloxía deseñada pola NASA que puxeron a disposición de Borja Oubiña. “A cinta antigravitatoria permite correr con menos peso do que un ten”, explica o Dr. Cota, xefe dos servizos médicos do Celta. “Oubiña iniciou carreira nesta máquina. Comezamos diminuíndo case o 70% do seu peso para correr e estao tolerando moi ben”, afirma o galeno do club vigués.

 

O Tapiz Anti-Gravidade Alter-G permite reducir o peso da persoa entre un 20% e un 80% da súa masa corporal, diminuíndo a forza de impacto das pernas co chan e atenuando considerablemente o sufrimento dos músculos e articulacións situadas por baixo da cintura. Trátase dunha tecnoloxía de última xeración que foi utilizada con éxito na recuperación de lesións de deportistas de elite como Rafa Nadal ou Pau Gasol.

 

Borja Oubiña comezou este tratamento con sensacións positivas e en función da súa evolución aumentarase a carga no xeonllo lesionado. Sobre os posibles prazos na recuperación, o Dr. Cota asegura que son “moi indeterminados en lesións deste tipo”, pero asegura que o centrocampista “ten experiencia nestas situacións e continúa sendo o máis optimista de todos”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas