ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Brais Méndez sofre unha lesión de nocello e non poderá acudir ao chamado da Selección Española

RC Celta

O partido no Martínez Valero deixou unha ampla nómina de xogadores con incidencias físicas, o caso máis destacado o de Brais Méndez. O centrocampista celeste formaba parte da convocatoria de España para a Final Four da Nations League, cita á que finalmente non poderá acudir por un traumatismo e escordadura no nocello esquerdo.

Os outros futbolistas que finalizaron o encontro en Elche afectados son Tapia (sobrecarga xemelgos), Murillo (molestia isquio dereito), Araújo (contusión nocello esquerdo) e Nolito (contusión nocello dereito).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas