ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

Brais Méndez celebra con dobrete os seus 150 partidos como celeste

RC Celta

Brais Méndez acadou este sábado ante o Rayo Vallecano, no duelo correspondente á vixésimo terceira xornada de LaLiga 21/22, os 150 partidos oficiais co RC Celta. O centrocampista fíxoo, ademais, anotando os dous goles da vitoria viguesa e ofrecendo unha auténtica demostración de calidade.

O canteirán celeste disputou 136 encontros como celeste na máxima categoría e outros trece na Copa do Rei, cun balance total de vinte goles anotados. Isto levoulle a gañarse un oco na Selección Española, acumulando catro internacionalidades e un gol ata o momento.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas