Carl Starfelt sufriu unha rotura de fibras no tendón proximal do bíceps femoral dereito, unha lesión que se produciu durante o adestramento de hai uns días. O defensa celeste, que se atopaba na última fase de recuperación dunha elongación distal do bíceps femoral sufrida no encontro do RC Celta fronte ao RCD Espanyol, experimentou unha dor aguda na rexión proximal da coxa dereita durante unha das sesións da pasada semana, o que motivou a súa avaliación médica inmediata.
Tras realizarlle unha ecografía, os servizos médicos do club confirman unha rotura fibrilar no tendón proximal do bíceps femoral dereito. Nos próximos días, o xogador someterase a unha resonancia magnética para completar o diagnóstico e valorar con maior precisión o alcance da lesión, que prevé un tempo estimado de baixa de entre seis e oito semanas.
O RC Celta desexa a Carl Starfelt unha pronta recuperación.