O club pechou a contratación, pendente das probas médicas, do lateral zurdo para as próximas tres tempadas
O Real Club Celta continúa traballando con intensidade na confección da súa plantilla para a tempada 2014/2015. Tralos fichajes de Larrivey, Pablo Hernández e Sergi Gómez, o club celeste pechou a contratación, pendente das probas médicas, do lateral esquerdo Carles Planas, que a pasada campaña disputou 35 partidos no Barcelona B. O defensor será presentado, en caso que a revisión médica sexa satisfactoria, o vindeiro luns ás 13.30 horas no estadio de Balaídos.
Carles Planas Antolínez (San Celoni, Barcelona, 4 de marzo de 1991) chega coa carta de liberdade e será xogador do Real Club Celta as tres próximas tempadas. Trátase dun futbolista que tamén pode desenvolverse con solvencia na posición de central e que desprega intensidade e rigor en defensa, cunha gran capacidade de sacrificio e enorme fiabilidad. Goza dun bo golpeo coa súa perna esquerda e ofrece boa saída de balón.
O defensor, internacional nos diferentes combinados nacionais desde o Sub-15 ata o Sub-21, formouse, desde que tiña 10 anos de idade, nas categorías inferiores do Fútbol Club Barcelona e en novembro de 2012 debutó co primeiro equipo nun partido por Copa do Rei ante o Deportivo Alavés.
En decembro dese mesmo ano estreouse, como titular, na Liga de Campións ante o Benfica e realizou a pretempada co primeiro equipo do F.C. Barcelona