Carlos Dotor (Madrid, 15 de marzo de 2001) é xa xogador do RC Celta para esta campaña 2023/24 despois de que o club chegase a un acordo de traspaso co Real Madrid. O centrocampista vestirá a celeste ata o ano 2028.
O madrileño de 22 anos, excapitán do Real Madrid Castela, vén de asinar unha pasada campaña excepcional co conxunto branco: disputou un total de 2223 minutos repartidos en 29 partidos, nos cales atopou portería ata en 12 ocasións e axudou ao seu equipo con tres asistencias de gol.
Dotor, xogador de gran calidade, despregamento físico e instinto goleador, dá esta tempada o salto á máxima categoría do fútbol español da man de Rafa Benítez, converténdose na cuarta nova incorporación dun club que afronta con gran ilusión este ano no que conmemora o seu Centenario.