dotor horizontal
Primeiro Equipo

Carlos Dotor e Luca están de volta!

RC Celta

O xogador do RC Celta, Carlos Dotor, recibe o alta tras a intervención cirúrxica á que foi sometido para abordar os problemas persistentes de pubalxia. Por outra banda, Luca de la Torre tamén abandona a enfermería tras superar a súa lesión muscular na coxa.

Tras varias semanas de recuperación e adestramento progresivo, ambos xogadores estarán ao dispor de Claudio Giráldez para disputar o próximo partido ante o Real Betis, no estadio Benito Villamarín, correspondente á xornada 31 de LALIGA EA SPORTS.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas