Primeiro Equipo

Case 2000 entradas vendidas para a emocionante cita do domingo en Balaídos

RC Celta

grupo-abrazo-celbet-1516.jpg

 

A penúltima xornada ligueira, a última en Balaídos, será unha gran festa para club, equipo e afección. Os despachos de billetes despacharon xa case 2000 entradas para o importante choque ante o Málaga, un espectacular dato que reflicte a ilusión coa que o celtismo afronta a cita deste domingo.

 

O Celta compartirá cos seus afeccionados unha xornada especial para celebrar o regreso do equipo a competicións europeas dez anos despois. Desde a mañá haberá actividades e eventos que se prolongarán até a noite cun gran peche de festa na Praza de América. Será un día inesquecible para todo celtista.

 

O club anima a abonados e afeccionados a acudir a Balaídos e ser partícipes dunha celebración histórica. As entradas ten un custo de tan só 10€ para categoría SUB-25 en calquera das bancadas, mentres que para ADULTO hai billetes desde 20€.

 

Os despachos de billetes do estadio permanecerán abertas até o sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 e o domingo, día do partido, de 10:00 a 17:00 de maneira ininterrompida. As entradas tamén poden adquirirse a través da web www.celtavigo.org/taquillacelta en calquera momento do día.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas