lesion tapia hztal
Primeiro Equipo

Catro lesionados no partido ante o Levante

RC Celta

A vitoria ante o Levante trouxo moi malas noticias na enfermaría celeste. Até catro xogadores tivéronse que retirar do campo antes de tempo por diferentes problemas musculares. Renato Tapia sofre unha lesión no bíceps femoral da súa perna esquerda e Jeison Murillo unha lesión no recto anterior esquerdo. Ambos os casos poden ser roturas fibrilares. Pola súa banda, Joseph Aidoo sofre unha molestia distal no bíceps femoral dereito que pode ser unha elongación. Ao central africano realizaráselle unha proba complementaria para descartar lesión estrutural do músculo. Por último, Iago Aspas ten unha molestia no bíceps dereito e inicialmente parece unha lesión leve. Nos próximos días os catro xogadores serán sometidos a probas de imaxe para determinar o alcance exacto das súas lesións.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas