ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

A efectividade decanta a balanza a favor do campión nun partido igualado, intenso e cun bo Celta

RC Celta

A igualdade e unha esixente intensidade de principio a fin, protagonizaron o debut ligueiro do RC Celta ante o Atlético de Madrid. Os celestes renderon a bo nivel empuxados desde a bancada pola afección, limitada en número polas medidas sanitarias, pero entregada ao seu equipo incondicionalmente a pesar do resultado.

Correa adiantou ao conxunto colchoneiro mediado o primeiro tempo, un golpe que non detivo aos celestes na súa insistencia por controlar o partido e conseguir marcar. Non o puña nada fácil o Atlético de Simeone, sempre intenso e esixente, pero ao final a igualada chegou. Unha man dos branquivermellos dentro da súa área levou a pena máxima coa que Iago Aspas puxo o empate no electrónico. Corría o minuto cincuenta e oito.

O Atlético, nun alarde de efectividade, non tardou en recuperar a vantaxe. Apenas cinco minutos despois, Correa marcaba o seu segundo gol que, ao cabo, suporía a vitoria para os madrileños. Os xogadores celestes se desfondaron até o asubío final, do mesmo xeito que a afección celeste, e lograron xerar varias ocasións de gol. A máis clara en botas de Iago Aspas que, para asombro de todos, fallou por centímetros a porta baleira.

Moi boas sensacións, a pesar da derrota, ante o vixente campión de LaLiga. O celtismo despediu cunha sonora ovación ao seu equipo.

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA: Dituro, Hugo Mallo, Araújo, Fontán, Javi Galán, Tapia, Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito (Cervi, min.62), Iago Aspas, Santi Mina.

2 – ATLÉTICO: Oblak, Carrasco, Savic, Giménez, Hermoso, Saúl, Kondogbia, Koke, Lemar, Correa, Llorente.

Goles: Correa (0-1, min.22), Iago Aspas (1-1, min.58, de penalti), Correa (1-2, min.63).

Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Amonestou a Denis Suárez, Iago Aspas (RC Celta); Lemar, Llorente, Kondogbia, Giménez (Atlético). Expulsou a Hugo Mallo (RC Celta) e Hermoso (Atlético) con vermellas directas.

Campo: Abanca Balaídos (8.000 espectadores).

Observacións: capacidade reducida debido ás restricións sanitarias e de seguridade provocadas pola pandemia do COVID-19.

Antes do partido, o RC Celta e a súa afección dedicaron unha homenaxe a tres dos olímpicos e celtistas confesos que regresaron con medalla dos Xogos Olímpicos de Tokio (Teresa Portela, Ana Peleteiro e Nico Rodríguez). O club fai extensible esta homenaxe aos olímpicos que non puideron acudir á cita por cuestións de axenda.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas