20220306_RCCeltaVsRCDMallorca_3
Primeiro Equipo

O RC Celta regresa á senda da vitoria cun partido vibrante ante o RCD Mallorca (4-3)

RC Celta

O RC Celta derrotou por 4-3 ao RCD Mallorca en Abanca Balaídos no partido correspondente á vixésimo sétima xornada de LaLiga. Os celestes, que se adiantaron no marcador ata en tres ocasiones, conseguiron levar os tres puntos tras un gol de Iago Aspas no tempo de desconto.
Un partido no que os celestes se adiantaron no marcador por medio de Galhardo no que foi o primeiro gol do futbolista brasileiro coa camiseta celeste. A ledicia duraría pouco na parroquia celeste, pois tres minutos despois o Mallorca conseguiría a igualada por medio de Gio González.
O Celta non baixou os brazos tras o empate e, tras consultalo co VAR, o colexiado Ortiz Arias daría por válido o gol de Denis tras un rexeitamento na área visitante. Unha renda que puido verse duplicada despois dunha gran xogada colectiva que finalizaría cun gran disparo de Galhardo que obrigaría á estirada de Sergio Rico.
Tras a continuación chegaría novamente o empate do conxunto bermellón despois dunha falta lateral que rebotaría con pouca fortuna en Aidoo para subir o 2-2 no marcador. A reacción local chegaría tras o primeiro cuarto de hora da continuación cun gol de Iago Aspas con perna dereita que, co paso dos minutos, parecía ser definitivo. Con todo, un final de partido con senllos penaltis para cada equipo, pechado co dobrete do xenio moañés desde os once metros, alteraba o resultado ata o 4-3 final e daba os tres puntos aos de Eduardo Coudet.
Con este resultado, o Celta mantense en décima posición e alcanza os 35 puntos tras vinte e sete xornadas de competición. Os celestes mediranse ao Vilarreal CF o vindeiro sábado 12 de marzo no Estadio da Cerámica ás 18:30 na vixésimo octava xornada de LaLiga.

FICHA TÉCNICA

4 – RC CELTA: Dituro; Hugo Mallo, Aidoo, Araújo, Javi Galán; Fran Beltrán (Renato Tapia, min. 62), Brais Méndez, Denis Suárez, Cervi (Solari, min. 73); Galhardo (Santi Mina, min. 62), Iago Aspas.

3 – RCD MALLORCA: Sergio Rico; Maffeo, Valjent, Raíllo, Jaume Costa; Antonio Sánchez (Battaglia, min. 78), Baba (Salva Sevilla, min. 68); Gio González (Ángel, min. 67), Kubo (Kang-In Lee, min. 67), Dani Rodríguez (Fer Niño, min. 78); Muriqi.

Goles: Galhardo (1-0, min. 13); Gio González (1-1, min. 16); Denis Suárez (2-1, min. 25); Aidoo, p.p. (2-2, min. 48); Iago Aspas (3-2, min. 60); Salva Sevilla, p. (3-3, min. 87); Iago Aspas, p. (4-3, min. 90+6).

Árbitro: Ortiz Arias, do colexio madrileño. Amonestou a Fran Beltrán, Renato Tapia, Hugo Mallo e Brais Méndez, do RC Celta, e a Muriqi, Raíllo, Battaglia e Ángel, do RCD Mallorca. Hugo Mallo foi expulsado por dobre amarilla e Manolo Reina por vermella directa.

Campo: Abanca Balaídos, 11.320 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas