Primeiro Equipo

Celta-R.Madrid: ENTRADAS ESGOTADAS

RC Celta

 

celrma-entradasagotadas

 



TFNO. ABONADOS 986.21.32.30

 


 

A billeteira de Balaídos despachou esta mañá as últimas entradas dispoñibles para o partido deste sábado ante o Real Madrid (16h, Balaídos). O gran arranque de tempada do Celta, único equipo invicto de Primeira División xunto ao conxunto madrileño, aumentou a expectación que rodea a este esixente choque ligueiro. O Real Madrid chega a Vigo como líder da categoría empatado a 18 puntos cos celestes, segundos na táboa clasificatoria. O mellor ambiente celtista está asegurado nun encontro no que o apoio da afección e a súa unión co equipo será unha das claves.

 

O club lembra aos abonados que tramitaron o seu carné despois do 3 de xullo que deben retirar un suplemento para acudir a este partido, declarado como ‘Día do Club’. O custo é de 20€ para ADULTOS, de 10€ para o resto de categorías, exceptuando os menores de 8 anos que tan só deberán abonar 5€. Os abonados que xestionaron o seu carné con anterioridade á devandita data poderán acceder presentando o seu abono na entrada.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas