Primeiro Equipo

Celta-R.Madrid: últimos días para adquirir entradas e suplementos

RC Celta

celrma-1415-balaidos

 



BILLETEIRA ONLINE
 | TFNO. ABONADOS 986.21.32.30

 


 

Con Tribuna esgotada e o resto de bancadas avanzando cara ao cheo, o partido RC Celta-Real Madrid do próximo sábado 24 ten asegurado un ambiente espectacular. O conxunto madrileño, un dos máis potentes do panorama futbolístico mundial, visita Balaídos nun momento ilusionante para os celestes que, a falta de xogar este domingo ante o Villarreal no Madrigal, aínda non coñecen a derrota.

 

O club lembra aos abonados que tramitaron o seu carné despois do 3 de xullo que deben retirar un suplemento para acudir a este choque, declarado como ‘Día do Club’. O custo é de 20€ para ADULTOS, de 10€ para o resto de categorías, exceptuando os menores de 8 anos que tan só deberán abonar 5€, e pode retirarse até o xoves 22 de outubro. Os abonados que xestionaron o seu carné con anterioridade á devandita data poderán acceder presentando o seu abono na entrada.

 

O RC Celta anima a todos os seus abonados e aficionados a asistir a este atractivo encontro e a seguir animando e apoiando ao equipo como sempre o fan. O empuxe do celtismo é vital cada xornada, máis aínda en partidos de máxima esixencia nos que a estreita comuñón entre equipo e afección, que tantos bos momentos deu ao club, tórnase fundamental.

 

As entradas e suplementos poden adquirirse de luns a venres na billeteira de Balaídos en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00, o día do partido de 10.00 a 16.00 de maneira ininterrompida ou as 24 horas do día en www.celtavigo.org/taquillaCelta.

 

TRIBUNAESGOTADA-PRECIOSCELRMA1516.jpg

 

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas