20230901_GonçaloPaciência_2
Primeiro Equipo

O dianteiro Gonçalo Paciência, cedido esta tempada ao VfL Bochum

RC Celta

O dianteiro do RC Celta Gonçalo Paciência xogará esta tempada cedido no VfL Bochum da Bundesliga tras o acordo acordado entre ambos os clubs.

O ariete portugués, tras unha pasada campaña na que defendeu a celeste ao longo de 28 encontros nos que anotou 3 tantos, volverá xogar na liga alemá onde xa é un vello coñecido, tras as súas etapas no Eintracht Frankfurt e o Schalke 04.

O RC Celta quere desexarlle a Gonçalo Paciência un gran éxito nesta tempada co conxunto alemán.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas