Primeiro Equipo

Charles: “non prometo unha cifra de goles, pero sí moito traballo e implicación”

RC Celta

Charles_-_Presentacion_-_Balaidos.jpg

O dianteiro brasileiro foi presentado esta tarde no estadio de Balaídos

 

O dianteiro Charles Dias (Brasil, 1984) foi presentado esta tarde no estadio de Balaídos. O xogador estivo acompañado pola conselleira do club Carmen Avendaño e do director deportivo Miguel Torrecilla, quen asegurou que se lle leva seguindo desde hai tempo e todo o que aporta sempre o fai en beneficio do seu equipo”.

Charles mostrouse “moi ilusionado” coa súa fichaxe polo Real Club Celta e, aínda que non quixo falar dunha cifra de goles, se prometeu “moito traballo e implicación”. O atacante asegurou sentirse “en casa ao volver a Galicia” e mostrouse decidido a “triunfar en Primeira” tras “facelo en Segunda B e Segunda”.

O novo xogador celeste atendeu a todos os afeccionados que acudiron á súa presentación e demostrou unha gran sintonía cos seguidores célticos desde o primeiro minuto.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas