Primeiro Equipo

Charles, novo dianteiro do Real Club Celta

RC Celta

charles.jpg

O atacante foi o máximo goleador da pasada Segunda División con 32 tantos

 

O Real Club Celta pechou a contratación da súa segunda fichaxe para a campaña 2013/2014. Trátase de Charles, dianteiro que vestirá a elástica celeste durante o próximas catro tempadas. O atacante foi unha das sensacións da Segunda División ao proclamarse máximo goleador da categoría de prata. Os seus 32 tantos foron fundamentais para o ascenso do Almería.

 

Charles Dias de Oliveira (4 de abril de 1984, Belém, Brasil) formouse nos Santos e na Tuna Lusa, clubs brasileiros, antes de recalar na liga de Portugal. O seu destino foi o Clube Desportivo Feirense, onde xogou durante 3 anos chegando a conseguir o ascenso á liga de Honra.

 

No 2004 chegou ao Pontevedra Club de Fútbol en Segunda División. Durante seis tempadas foi un dos alicerces do conxunto granate, ademais de converterse nunha referencia para os afeccionados. En 2010 fichou polo Córdoba CF para volver xogar na Segunda División. No equipo andaluz despuntou como goleador ao anotar 15 goles, o que espertou o interese de numerosos clubs ao finalizar o campionato.

 

Finalmente asinou pola UD Almería, equipo co que alcanzou a pasada campaña o ascenso directo a Primeira División. Os 32 goles de Charles, segunda cifra goleadora na historia da liga de prata, foron claves no éxito do equipo andaluz, ademais de servirlle para lograr o título de máximo goleador da liga Adiante.

 

Charles será presentado esta tarde no estadio de Balaídos, a partir das 17:00 horas.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas